Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AUDIENCIA NACIONAL

A AVT terá que pagar as custas do recurso contra Soziedad Alkohólika

O grupo quedou absolto da acusación de presunta apoloxía do terrorismo e ofensa ás vítimas.

Redacción - 19:05 26/11/2007

A Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) viu rexeitado o recurso que presentou contra a sentenza da Audiencia Nacional que absolvía o grupo Soziedad Alkohólika da acusación de que as súas letras facían apoloxía do terrorismo e de ofensa ás vítimas. Agora, AVT terá que pagar as custas procesuais, que superan os 4.000 euros.

A pesar da sentenza, a asociación presidida por Felipe Alcaraz segue teimando na súa acusación e asegura que a banda vasca recada diñeiro para ETA nos seus concertos. Ademais, anunciou que está disposta a criticar o goberno español cantando.


5/5 (21 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: