Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

S.A. actúa en Compostela como símbolo de liberdade

A iniciativa dos músicos que o integran, o grupo Soziedad Alkoholika ofreceu un concerto na Sala Nasa de Compostela "para reinvindicar o dereito dos grupos musicais a expresarse con plena liberdade e normalidade", e para poder contestar ás "denuncias inxustificadas" que se teñen verquido contra eles nos últimos días, e que acabaron coa prohibición da actuación programada para o pasado día 26 de abril.

- 15:40 28/04/2003
Tags:

O concerto celebrouse, pois, sen outra intención "que a de rexeitar públicamente a censura imposta polo Concello de Santiago a determinados actos e artistas, e para reivindicar o clima de tolerancia e normalidade con que se ten desenvolvido ata agora a actividade cultural nesta cidade".

Así di o comunicado da Sala Nasa de Compostela, que acolleu na noitiña do luns 28 de abril o concerto do grupo vasco.

Xunto a eles, estiveron "decenas de músicos, productoras, promotoras e grupos galegos para amosar a súa repulsa cara este tipo de prohibicións e censuras que están a alterar gravemente a vida cultural da cidade de Santiago nas últimas semanas", continúan desde a Nasa.

O concerto de Soziedad Alkohólica foi suspendido polo concello compostelán, a petición da Asociación de Víctimas del Terrorismo, que acusa ao grupo vasco de proetarra.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: