Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Soziedad Alkohólika, no centro da polémica

A asociación xuvenil Faisca ten prevista a celebración en Santiago dun festival cos grupos Soziedad Alkohólika, Hamlet, Jacky Trap, Biotech e os galegos Skarnio, o sábado 26 no Multiusos do Sar. Segundo publica El Correo Gallego, a Asociación de Víctimas do Terrorismo pediu a cancelación do evento, por considerar as letras de Soziedad Alkohólika "próximas á filosofía de ETA". Desde o concello compostelán informan que recibiron a carta, pero o concerto seguirá adiante porque o propio grupo vasco "se desmarca publicamente de todo o relacionado co terrorismo". Os colectivos independentistas acusan ao diario compostelán de atacar a liberdade de expresión e considérano responsable da suspensión hai unhas semanas doutro festival organizado por Agir. Máis datos en Vieiros Santiago.

- 16:51 22/04/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: