Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Polo concerto da Banda Bassotti en Ferrol

Irisarri considera a polémica "un disparate, un despropósito e unha desmesura"

Iolanda Díaz critica a "hipocrisía" do PPdeG, e apunta que os populares contrataron ao grupo en Valencia, e que "non dixo nada" cando actuou hai un mes en Compostela.

Redacción - 13:30 11/08/2007

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, definiu este venres como "un disparate, un despropósito e unha desmesura" a polémica que xerou o concerto da Banda Bassotti deste sábado na cidade -22.30 horas, no parque Raíña Sofía-, co rexeitamento do PPdeG, a Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) e a Unión Federal de Gardas Civís (UFGC).

Irisarri afirmou que "non ten sentido darlle a Banda Bassotti semellante audiencia", e aventurou que o grupo italiano "estará encantado e despedirá o seu director de márketing grazas a tanta propaganda".

O rexedor socialista dixo que o goberno local "non é dos de prohibir, senón dos da liberdade de expresión". Ademais, non dubidou en que "o Estado de Dereito actuará en consecuencia se se saltan as normas", e avogou por "gozar das festas en paz, sen provocacións nin desmesuras".

Hipocrisía do PPdeG

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Iolanda Díaz, criticou ao Partido Popular por exercer unha "gran hipocrisía" e denunciou que esta formación política contratou recentemente para festexos celebrados en Valencia a actuación de Banda Bassotti, así como tamén asegurou que Xerardo Conde Roa, voceiro do PPdeG no Concello de Santiago, "non dixo nada cando actuou o pasado mes en Compostela"

A primeira tenente de alcalde afirmou que os populares contrataron en Valencia en datas recentes as actuacións de Fermín Muguruza e Banda Bassotti e Soziedad Alkohólika. Neste senso, definiu o sucedido como "xogo político moi nefasto" e "feito grave para a democracia".

Polémica na prensa italiana
Ademais, a voceira de Esquerda Unida no Concello de Ferrol tamén adiantou que a propia Banda Bassotti "estuda accións por anubrar a súa traxectoria de moitos anos", decisión que tamén podería levar a cabo a súa produtora.
Por último,

Díaz dixo que a prensa italiana se fixo eco do acontecemento, "dando a entender que un hipotético pasado franquista da cidade nos leva a pretender manchar a traxectoria de Banda Bassotti". Ao respecto, asegurou que a súa presenza en Ferrol "é un luxo", e que a polémica supón "un reclamo turístico, por chegar até Italia".


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: