Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMEZA A MOBILIZACIÓN DE TERRAS

Suárez Canal: “O Banco de Terras vai marcar un antes e un despois”

Este mesmo luns comezaron a incorporarse ao Bantegal as primeiras parcelas para alugar.

Redacción - 14:00 05/11/2007

A satisfacción era evidente no rostro do titular de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal. Escoltado polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o conselleiro 'inaugurou' formalmente unha das ferramentas máis ambiciosas de todas as que estivo a traballar o seu departamento: O Banco de Terras de Galiza (Bantegal).

Diante de preto de un cento de persoas, Suárez Canal subliñou que a medida que está xa en marcha marca un “antes e un despois” nas políticas rurais do país. Segundo explicou, o Bantegal pretende un gran cambio estrutural que só pode traer a medio e longo prazo un “enriquecemento colectivo”. O obxectivo non é nin moito menos cativo, Medio Rural pretende que en 2011 esta ferramenta sirva para ter mobilizadas 100 mil hectáreas de terreos agora improdutivos e á mesma vez mellorar as condicións de vida de 10 mil familias.

O propio director xeral de Estruturas Agrarias, Xosé Carballido Presas, encargouse de lembrarlle ao vicepresidente que a reactivación do rural era unha das grandes promesas electorais do BNG: “Aquí ten o Banco de Terras, misión cumprida”.

Quintana: “Compromiso co país, valentía política e intelixencia”
O vicepresidente da Xunta mostrouse convencido de que o Bantegal vai dinamizar un rural que vive unha forte crise dende hai décadas: “Sen medio rural non hai Galiza. Por iso, había que afrontar con valentía os problemas estruturais”.

Quintana asegurou que o Goberno sabía perfectamente que a medida podía ser impopular e que se prestaba a “manipulacións”. De feito, o vicepresidente aludiu a todos os que quixeron “intoxicar” falando dun “proceso de colectivización”. Fronte a isto asegurou que “non nos dobregamos. Había que ter a valentía de poñelo en marcha porque mirar para outra lado non era a solución”.


4,94/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: