O Goberno aproba os estatutos da sociedade pública que xestionará as propiedades incluídas no Banco de Terras.
O Consello de Goberno deste xoves aprobou os estatutos da sociedade pública xestora do Banco de Terras de Galiza, promovida pola Consellaría do Medio Rural.
Bantegal, tal e como se denomina, é un instrumento orientado á dinamización e posta en valor das terras e das explotacións agrogandeiras do país que forman parte deste Banco de Terras.
Neste figurará un inventario con todos os predios rústicos, bens e dereitos, con independencia da súa titularidade (da Xunta, de particulares, cedentes ou do Bantegal), que serán usados para a ampliación das explotacións en funcionamento, a mellora de proxectos agrarios prioritarios, a primeira instalación de agricultores novos ou a cesión de terreos para cooperativas agrarias.
Ademais, o Bantegal encargarase de manter unha relación actualizada dos bens, coa procedencia, titularidade e o destino de todos as propiedades que integren o Banco de Terras.