Miren Azkarate, voceira do executivo de Ibarretxe, reuniuse esta cuarta feira con Ian Paisley e Martín Mcguiness.
Miren Azkarate con Martín Mcguiness / Foto: EiTB
O ministro principal e o viceministro principal de Irlanda do Norte, o unionista Ian Paisley e o republicano Martin Mcguinnes, respectivamente, ofreceron este mércores á voceira do goberno vasco, Miren Azkarate, "a súa colaboración" para a resolución do conflito vasco e o logro do fin da violencia, segundo informa a EiTB.
Azkarate, de visita no Ulster para colaborar en materia de mocidade e educación en valores, promoción dos dereitos humanos e cultura da paz, informou a Paisley e Macguiness nunha reunión conxunta sobre a situación de Euskadi e sobre a proposta do lehendakari, Juan José Ibarretxe, que inclúe unha consulta para o 25 de outubro de 2008 e un referendo para 2010.
A portavoz do executivo vasco destacou que "resulta curioso" que noutros ámbitos próximos, por exemplo, Escocia, sexa "posíbel expor debates" sobre a autodeterminación "sen que ocorra nada", namentres que en Euskadi, a proposta de Ibarretxe exposta simplemente como "liña de contacto e de traballo" suscite as reaccións que se viron no Estado Español.
Azkarate subliñou que "o problema principal" do País Vasco "é a existencia de ETA", polo que propuxo "a necesidade dun diálogo aberto" entre os diferentes interlocutores políticos e dun traballo común. Os representantes do goberno de Irlanda do Norte ofreceron "a súa colaboración" e expuxeron os acordos logrados por eles para chegar a unha situación de ausencia de violencia.