Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
dentro do sumario contra o movimento pro amnistía vasco

Garzón ordena a detención de Olano, líder de Askatasuna

Juan Mari Olano está xa detido en Donosti e vai comparecer a terza feira en Madrid, a pedimento do xuíz.

Redacción - 19:38 10/09/2007

A orde de Garzón chegaba na mañá da segunda feira, despois de que a Fiscalía da Audiencia española lle remitise ao xuíz unha nota na que aseguraban que Olano viña de participar en "diversos actos ilegais impulsados pola organización Askatasuna e encabezados por el", ao volver realizar "os mesmos feitos polos que no seu día se formulou unha acusación contra el mesmo", sendo, ao ver dos fiscais, unha "reiteración da comisión dun delito de integración en banda armada".

Olano foi detido o domingo pola Ertzantza, mais na segunda feira era reclamado por Garzón, polo que será trasladado a Madrid para que lle tomen declaración.

Juan Mari Olano é líder de Askatasuna que, segundo a Fiscalía, é unha organización que "fai parte integrante da rede etarra" e que "ten suspendidas todas as súas actividades por orde xudicial". Olano está pendente aínda de ser xulgado pola súa "posíbel integración na rede de Xestoras pro Amnistía-Askatasuna", e cando foi preso, durante unha carga policial, estaba a participar nunha manifestación en Donosti, convocada polos movementos pro-amnistía dos presos de ETA.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: