O artefacto, que estourou de madrugada, só provocou danos materiais.
A explosión produciuse arredor da 1.30 desta madrugada. Segundo as primeiras pesquisas, o artefacto estaba colocado no valo exterior da comisaría. A consellaría de Interior do goberno vasco cre que ETA é a autora do atentado.
O atentado producíase poucas horas despois dunha redada da policía francesa en Iparralde. Até o de agora son 13 os detidos, que están acusados de ter relación directa con ETA ou participar na 'Kale Borroka'.
Poden ampliar en Deia, Gara e El Correo