Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATENTADO

ETA coloca un coche bomba con 80 quilos de explosivos na Rioxa

O artefacto, que non chegou a explotar totalmente, tiña como obxectivo unhas instalacións de Defensa en Logroño.

Redacción - 09:34 10/09/2007

O delegado do goberno español na Rioxa, José Antonio Ulecia, confirmou este luns que o coche bomba que colocou a última hora do domingo ETA en Logroño estaba composto por 80 quilos de explosivos.

O artefacto que non chegou a explotar tiña como obxectivo unhas instalacións do Ministerio de Defensa. Un membro de ETA chamou ao xornal Gara para anunciar a colocación da bomba. Debido a un fallo no dispositivo, só se produciu unha pequena deflagración que non causou danos persoais nin apenas materiais.

Once feridos e nove detidos en Donosti
O atentado producíase pouco despois dos graves incidentes rexistrados en Donosti. Unha manifestación a prol do presos de ETA acabou con fortes enfrentamentos coa Ertzaintza. Os axentes autónomos vascos cargaron para desfacer a protesta. O resultado foi de once feridos, e nove detidos, entre eles o voceiro de Askatasuna, Juan María Olano.


3/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: