Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OBRAS NO GAIÁS

A comisión que investiga a Cidade da Cultura chamará a declarar a Fraga, Touriño, Quintana e Feijoo

O propio BNG solicitou a presenza do seu máximo responsábel no Parlamento.

Redacción - 16:47 28/09/2007

Os principais responsábeis políticos galegos dos últimos anos declararán na comisión parlamentaria que investiga a xestión da Cidade da Cultura. Aínda que o PPdeG intentou até o último minuto evitar a comparecencia de Manuel Fraga, o que fora presidente da Xunta durante 16 anos tamén terá que acudir ao Parlamento.

En total serán 33 as persoas chamadas a declarar. A listaxe foi aprobada cos votos de PSdeG e BNG, os populares votaron en contra. A única sorpresa é a comparecencia do nacionalista Anxo Quinta. O grupo socialista consideraba que a súa presenza non era precisa. Porén, o propio BNG e o PPdeG pediron que estivera tamén ao Parlamento.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: