Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XESTIÓN DO ANTERIOR GOBERNO

A plataforma contra a Cidade da Cultura quere que o ex conselleiro Pérez Varela responda nos tribunais

“Cultura si, mausoleo non” considérao o máximo responsábel das presuntas irregularidades.

Redacción - 09:55 03/09/2007

O colectivo “Cultura si, mausoleo non” pediu este domingo en Santiago que a xustiza chame a declarar como imputado ao ex conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela. A plataforma considera que el é o principal responsábel político das “irregularidades”.

Nun comunicado, cualíficase de “depredadora” a xestión do ex conselleiro conservador. “Cultura si, mausoleo non” denuncia que  durante os seus mandatos houbo unha política cultural “elitista” que se fixo de costas aos artistas galegos.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: