Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Conflito do naval-metal

A policía detén outros tres traballadores logo da toma da Delegación da Xunta

Xa son oito os operarios apresados polas forzas de seguridade do Estado dende que deu comezo a folga indefinida do sector en Vigo.

FAA - 17:30 15/05/2007
Os traballadores observan caer os expedientes dende a rúa

Os traballadores observan caer os expedientes dende a rúa

Tres traballadores do sector naval de Vigo foron detidos no mediodía desta terza feira, en relación cos incidentes acontecidos ao longo da mañá nas dependencias da Delegación provincial do Goberno. Polo momento atópanse retidos en comisaría, á espera de que un avogado sindical se achegue até o lugar para asistilos.

Os manifestantes ocuparon as instalacións e causaron diversos estragos no mobiliario das oficinas, así como dalgúns expedientes oficiais alí arquivados.

A pasada cuarta feira, outros dous traballadores foron interceptados pola policía e levados á comisaría en relación coa agresión ao chofer dun microbús, que previamente tratou de arrolar os manifestantes que cortaban unha das rúas da cidade.

Cúmprese esta terza, tamén, unha semana da detención dos tres primeiros detidos, acusados da queima de contedores de lixo.

Por outra banda, sindicatos e patronal reúnense na tarde deste martes dende as 17.00 horas, logo de que os membros de ASIME se ausentasen da xuntanza da mañá, coa fin de pórlle punto e final ao conflito.


4,29/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: