En xogo está a introdución dun esquema máis proporcional, tal e como reclaman os liberais. Os conservadores xa anunciaron que pediran o "non" á reforma.
O abano de propostas achegadas polo Bloque no Congreso solicita tamén fixar unha circunscrición electoral para os residentes no exterior.
Os socialistas acusan ao BNG de querer eliminar o voto emigrante porque non lle é favorábel. Os nacionalistas retrucan que ao PSdG non lle interesa introducir reformas para que voten os embarcados.
A falta de tempo era unha das escusas, pero malia descartarse o adianto electoral, o vicesecretario xeral do PSOE, Xosé Blanco, non ten présa en priorizar a reforma do voto emigrante.
O BNG alerta de que a tramitación ordinaria no Congreso non permitirá que o cambio se aprobe antes das eleccións.
Considera que non pode tramitar a iniciativa lexislativa popular xa que a reforma afecta ao "desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía".
Serían outros tres asentos na Cámara Baixa e un máis no Senado se os emigrantes computasen na distribución.