Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: maria-reimondez

19/Maio/2009 /

Primeira xuntanza de 'O Club da Calceta'

O Teatro Jofre acolle o mércores a preestrea da tv-movie baseada na novela de María Reimóndez.


24/Marzo/2009 /

O Club da Calceta sae vencedor do Famafest 2009

O xurado felicitou a "profunda reflexión sobre a condición feminina" do filme dirixido por Antón Dobao e baseado na novela de María Reimóndez.


'O club da calceta'
9/Febreiro/2009 /

Calcetando, tamén en Barcelona

A versión castelá d'"O club da calceta" chega á capital catalá da man da autora, María Reimóndez, e de Teatro do Morcego.


17/Xullo/2008 /

"Durante estes días decateime do moito máis fácil que me resulta o entendemento coas feministas do sur"

Unha vez máis, convidámolos a seguir o relato que María Reimóndez, de Implicadas no Desenvolvemento, fai do seu traballo na India.


3/Abril/2008 /

Que pasou con esta tradución?

A editorial denuncia incumprimento de contrato e a autora acúsaa de non ter aceptado a súa estratexia de tradución 'non sexista'.


23/Xaneiro/2008 /

'Il club della calzetta': María Reimóndez chega a Italia.

A escritora luguesa vai publicar a súa obra baixo o selo de Gran Vía Edizioni e na primavera sairá tamén en español a través da editorial Algaida.


12/Novembro/2007 /

María Reimóndez na UAB: "Escribir dende o feminismo en Galicia (ou de como vivir no funanbulismo)"

A escritora galega falará dos problemas cos que se atopan as escritoras que se declaran feministas en Galiza.


21/Setembro/2007 /

Estamos dispostas!

María Reimóndez despídese da India facendo balance do traballo desenvolvido: como as persoas conseguiron cambiar as súas propias comunidades e están dispostas a seguir nesa liña.


18/Setembro/2007 /

A teimosía das mulleres de Pandiam

Mahalakshmipuram, Pandiam e Baggiam, tres lugares onde as mulleres colleron as rendas da comunidade para saíren da pobreza. Unha nova crónica de María Reimóndez.


17/Setembro/2007 /

Rani volve á escola

María Reimóndez cóntanos a chegada dunha nova voluntaria, Blanca. Algunhas mulleres póñense a aprender informática para colleren as rendas da súa vida.


María Reimóndez
4/Setembro/2007 /

Miña mai

"Sen dúbida sen ela eu non tería chegado aquí, non tería chegado a onde estou hoxe, sen o seu apoio incondicional. Á fin coñece, despois de trece anos, os lugares dos que tanto teño falado". María Reimóndez escribe para Vieiros.


2/Setembro/2007 /

Ninguén lles preguntou ás familias como querían vivir

"As familias de dúas persoas teñen exactamente a mesma casa cás de 8. Desanímame ver o mal traballo realizado por tantas organizacións". María Reimóndez escribe para Vieiros desde a India.


1/Setembro/2007 /

As mulleres, o protagonismo roubado

"Neste cine, igual que no de todo o mundo, as mulleres rara vez somos protagonistas, estamos aí para adornar!". María Reimóndez escribe para Vieiros desde a India.


23/Agosto/2007 /

Xa está ben de xogar coa saúde

Novartis, por suposto, xa se encargou de lanzar a pelota do medo, tan frecuente nos tempos que corren, ameazando coa baixada da investigación. María Reimóndez escribe para Vieiros desde a India.


'O club da calceta', de María Reimóndez
27/Xuño/2007 /

Arcebispo Juan de San Clemente para 'O club da calceta'

O alumnado de secundaria de cinco centros de ensino galegos decidiu premiar a María Reimóndez, Vicente Molina Fox e Haruki Murakami, nas categorías de lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira, respectivamente, na XIII edición certame literario.