A iniciativa europea na que colaborarán Galiza e o Norte de Portugal, despregará un servizo de inspección conxunta que elimine a fraude actual no fluxo de traballadores.
Haberá aumento do número de inspectores e da actividade destes, especialmente no sector da construción e do mar.
A Consellaría de Traballo destaca como prioridade futura na formación dos inspectores a detección de condutas discriminatorias contra as mulleres.
"Pódese facer máis", opina a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila, ao fío das recentes mortes na construción e no naval.