Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Actuacións da Inspección de Traballo

Un milleiro de expedientes e sancións laborais por valor de 4,5 millóns no que vai de ano

A Consellaría de Traballo destaca como prioridade futura na formación dos inspectores a detección de condutas discriminatorias contra as mulleres.

Redacción - 09:30 08/08/2007

Foron entre xaneiro e xuño de 2007 un total de 1.025 expedientes derivados do labor da Inspección de Traballo e Seguridade Social. A maior cantidade de actas de infracción acumúlaa a provincia de Pontevedra (445), seguida da Coruña (431), Lugo (82) e Ourense (67).

As infraccións en materia de seguridade e saúde laboral suman sancións por valor de 3,9 millóns de euros, o 87% do total. Doutra banda, o 12,96%, multas por valor de 592 mil euros, teñen que ver con outras sancións en materia de traballo.

A curto prazo, a administración anuncia que o labor de inspección vaise reforzar no que se refire ao estudo dos convenios que conteñan elementos discriminatorios para as mulleres. Tamén se supervisarán cláusulas referidas á elaboración de plans de igualdade.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: