Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Convocatoria simultánea

San Canuto sae de procesión este martes

A asociación viguesa AVE María participa nun acto reivindicativo para exixir a normalización do uso do haxix e da marihuana.

Redacción - 17:40 18/01/2010

A Asociación Viguesa de Estudos da María (AVE María), en coordinación coa Federación de Asociacións Cannábicas do Estado Español (FAC), convoca, un ano máis, unha concentración a prol da normalización do haxix e da marihuana co gallo da festividade de san Canuto.

A cita terá lugar en Vigo, o 19 de xaneiro ás 19 horas na Praza da Constitución. Simultaneamente, produciranse convocatorias tamén en Compostela e en diversas cidades da Península Ibérica. A convocatoria pretende concienciar de que a prohibición desas substancias non reduce o seu consumo, senón que fai aumentar os problemas relacionados con el, baseándose no Informe Catania do Observatorio Éuropeo de Drogas.

O documento aconsella "incidir moito máis nos aspectos da redución de danos, a información, a prevención e o coidado e atención á protección da vida e a saúde das persoas con problemas derivado do consumo de substancias ilícitas, e definir medidas para evitar a marxinación das persoas afectadas en lugar de aplicar estratexias represivas no linde da vulneración dos dereitos humanos fundamentais e que, con frecuencia, os vulneraron". Por iso, AVE María considera responsabilidade do goberno español reformar a lei, tal e como prometera no programa electoral.

SAN CANUTO
San Canuto noso, concédenos a quen usamos o cannabis e sufrimos persecución a causa do teu nome, o don da paciencia e a combatividade, para que podamos dar testemuña fel e críbel dos beneficios da herba que usamos.

San Canuto noso, protéxenos das mafias do narco e do estado, da hipocresía social e das multas e non nos deixes caer na tentación de ocultarnos.
San Canuto noso, prega polos e polas cacheadas, multadas e detidas por exercer os seus dereitos.
Querido San Canuto bota un ollo polos cultivos, deféndenos de todas as pragas e favorece o teu uso terapéutico.


PLáNTATE 19 Xaneiro na Praza da Constitución de Vigo o 19 ás 19h., día de san Canuto
Asociación Viguesa de Estudos da María (A.V.E. María) avemariavigo@telefonica.net/ http://avemaria-vigo.blogspot.com/ Federación de Asociacións Cannábicas do Estado español (F.A.C.)


4/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: