Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ACTOS EN VIGO E COMPOSTELA

Celebrando San Canuto

A devoción a este santo que foi rei e é patrón de Dinamarca e proclamado mártir no 1100 ten máis que ver coa simpática homonimia do seu nome ca coas súas fazañas bélicas e a súa piedade. O 19 de xaneiro, AVE María, en coordinación coa FAC convoca ás sete da tarde na Praza da Constitución de Vigo unha concentración lúdica e reivindicativa pola normalización do haxix e a marihuana. E Compostela acolle un acto da Xuntanza Antiprohibicionista na residencia, detrás da Alameda, con xantar popular, sesta, xogos populares, recital poético e concerto.

- 11:54 19/01/2007
Tags:

A xuntanza en Compostela comeza cunha comida popular ás dúas. Ás tres e media toca sesta (opcional),e a partir das catro haberá xogos populares: campionato do mundo de estornela e campionato de petanka-nuto. Á sete e media, pasarrúas pola Zona Vella (saíndo do Toural), e a partir das nove, un recital poéstico antiprohibicionista, con Daniel Salgado (que publicou recentemente Éxodo en Xerais), David Pobra (colaborador de Vieiros Barcelona), Lorena Souto, Lucía Aldao, María Lado, o escritor ferrolán Mario Regueira, Xía Arias, gañadora do último Pérez Pallaré de Poesía con Poemas das ortigas, e Leo F. Campos, autor do blog haicu. E xa ás dez, foliada e concertos.

Pola liberdade para o autoconsumo
Dende a FAC, maniféstanse en contra da prohibición do consumo de drogas: "non só non reduce, senón que fai aumentar os problemas. Promovemos, ao igual que o Observatorio Europeo de Drogas (no seu Informe Catania 2005), "incidir moito máis nos aspectos da redución de danos, a información, a prevención e o coidado, e a atención á protección da vida e á saúde das persoas con problemas derivados do consumo de substancias ilícitas, e definir medidas para evitar a marxinación das persoas afectadas en lugar de aplicar estratexias represivas no linde da vulneración dos dereitos humanos fundamentais que, con frecuencia, están sendo vulnerados". O pasado 14 de novembro, Izquierda Unida fixo unha proposta de lei para modificar a Lei Orgánica 1/1992 do 21 de febreiro de seguridade cidadá, coñecida como "Lei Corcuera", na que solicitan que non se persiga a tenencia de cannabis para consumo propio.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: