Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
FESTA REIVINDICATIVA

San Canuto: 'Pola normalización do cánabo'

A Asociación Viguesa de Estudos da María (AVE María) celebra o xoves 19 o día de San Canuto. Lonxe de querer honrar o rei dinamarqués que levou ese nome e que espallou por onde puido o catolicimos a intención de AVE María é a de "reinvindicar a normalización do cánabo ou cannabis sativa". O encontro de aqueles que queiran tomar parte na festa reivindicativa de San Canuto é ás oito da tarde na praza da Constitución de Vigo.

- 15:50 17/01/2006
Tags:

Dende AVE María márcanse tres puntos chave na reivindicación de San Canuto. Por unha banda a defensa dos dereitos dos consumidores "de herba, haxix e substancias de síntese a nivel terapéutico"; en segundo lugar a denuncia da ambigüidade legal existente segundo a cal "a tenza ou o tráfico con estas substancias está penado legalmente pero non o seu consumo". En terceiro lugar AVE María quere reivindicar este San Canuto "a persecución das pequenas plantacións de mariguana". Segundo a asociación, en 2005 incautáronse 400 plantas de mariguana en terra e 200 en testos, o que supuxo a detención dunhas 40 persoas.

Por todas estas razóns, e baixo os lemas Pola normalización do cánabo e Contra a persecución do dereito a dipoñer sobre nós mesmos, dende AVE María convídase á festa de San Canuto a todos aqueles e aquelas que "defendan as liberdades, o dereito á información e o tratamento científico e non moralista do chamado problema das drogas".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: