Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Este sábado, ás 19.00 horas

AVE María festexa o San Canuto polas rúas de Vigo

Reivindican, coma todos os anos, a normalización do cannabis, tanto no seu uso lúdico coma no terapéutico.

Redacción - 17:50 19/01/2008

Como en anteriores anos o Paso de San Canuto volverá percorrer as rúas do Casco Vello de Vigo o 19 de xaneiro, día de San Canuto reivindicando a normalización do cannabis, tanto no seu uso lúdico como terapéutico.

A Asociación Viguesa de Estudos da Marihuana (AVE María) en coordinación coa Federación de Asociacións Cannábicas do Estado Español (FAC) convocaron unha concentración de protesta e festiva para este sábado 19 de xuño en Vigo, co fin de "denunciar a política de multas e cacheos por posesión e consumo de cannabis, que ano tras ano se está a incrementar".

"Denunciamos así mesmo os chamados controis de drogas no tráfico de vehículos por pouco científicos e irregulares", afirman nun comunicado.

A protesta tamén se centra no caso de Xoán Manuel Rodríguez Gantes, de Ferrol, persoa con tetraplexía á que, segundo denuncian dende AVE María, se lle impide consumir cannabis como solución terapéutica ás súas dores e estado anímico. A concentración terá lugar na Praza dá Constitución ás 19.00 horas.


Documentos

4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: