Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Especial: Cimeiras da OMC e do Cambio Climático

Canto custa arrefriar o Planeta?

A Terra e a humanidade xogan o seu futuro nas próximas tres semanas. Analizamos as claves da man dun experto nesta cuestión, Manoel Santos, director de Altermundo.

Redacción - 18:30 25/11/2009

"Canto custa arrefriar o Planeta?" Esa é a pregunta que nos facemos e que tentaremos explicar nos vindeiros días coa axuda dun dos principais expertos do noso país, recoñecido internacionalmente, tanto en cuestións ambientais como en movementos sociais altermundistas: Manoel Santos, director de Altermundo.

"Unha obsesión mundial, imposta pola OMC co nome de "libre comercio" e os intereses particulares dos Estados, impedirá o éxito da vindeira Conferencia sobre o Cambio Climático en Copenhaguen". Así resume Santos a resposta á cuestión plantexada e que debullamos en tres entregas.

Por diante, a xuntanza da Organización Mundial do Comercio (desde o luns até o 2 de Nadal, aínda que as mobilizacións xa comezan este sábado) e a Conferencia sobre o Cambio Climático (do 7 ao 18 de Nadal), auspiciada pola ONU. Tres semanas en que está en xogo o futuro da Terra e da humanidade.


ANÁLISE


CLAVES


MÁIS INFORMACIÓN
:

Webs oficiais:

Movementos sociais contra a OMC e o cambio climático:
Fontes:


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Conferencia sobre o Cambio Climático será do 7 ao 18 de Nadal en Copenhagen
A Conferencia sobre o Cambio Climático será do 7 ao 18 de Nadal en Copenhagen
A xuntanza ministerial da OMC comeza o luns e remata o día 2 de Nadal, mais este sábado xa hai previstas mobilizacións
A xuntanza ministerial da OMC comeza o luns e remata o día 2 de Nadal, mais este sábado xa hai previstas mobilizacións