Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Especial: Canto custa arrefriar o Planeta?

"Reclama o poder! Presiona por xustiza climática"

Milleiros de activistas están a preparar unha gran mobilización para este sábado, 28 de novembro, en Xenebra, que ha continuar até o 18 de Nadal en Copenhaguen.

Redacción - 18:00 25/11/2009

Milleiros de activistas están a preparar unha gran mobilización para este sábado, 28 de novembro, en Xenebra (sede da OMC), que terá continuidade con obradoiros, conferencias, accións directas e múltiples actos até o 3 de decembro. Entón, dúas caravanas, unha vía París e Bruxelas e outra vía Colonia e Berlín, partirán cara a Copenhaguen sementando por Europa a necesidade de xustiza climática.

A xente ten que saber. O día 9 as caravanas chegarán a Copenhaguen para participar no contracumio Klimaforum, o 10 unha conferencia da sociedade civil sobre a débeda ecolóxica, o 12 unha mobilización central que pretende tomar por un día a conferencia da ONU… Así até o día 18. Un lema común: "Reclama o poder! Presiona por xustiza climática".

Datas clave:

  • 30 de novembro - 3 de decembro (Xenebra): Sétima Conferencia Ministerial da OMC.
  • 3 - 7 de decembro (París-Bruxelas-Copenhaguen e Colonia-Berlín-Copenhaguen): Caravanas informativas.
  • 7 - 18 de decembro (Copenhaguen): 15ª Conferencia das Partes (COP-15) da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: