Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Internet móbil

O porno satura as redes 3G xaponesas

As descargas masivas de filmes pornográficos á medianoite obrigou a que dúas compañías limitasen o tráfico das tarifas planas de datos.

Redacción - 19:30 06/07/2009

Dous dos principais operadores de telefonía móbil do Xapón víronse obrigados a restrinxir as tarifas de descarga de datos "ilimitadas". A descarga masiva de pornografía a través das redes 3G fixo que DoCoMo e KDDI tivesen que cortarlles a billa aos usuarios máis "abusivos" para evitar a saturación das redes. Unha terceira compañía, Softbank, que ten a exclusiva do iPhone de Apple no país nipón, está a pensar en seguir os mesmos pasos.

Deste xeito, cúmprense as previsións de que Xapón sería o primeiro país do mundo en que as redes de nova xeración verían desbordada a súa capacidade. Aínda que a lexislación xaponesa impide que as compañías poidan ver o que descargan os seus clientes, os dous principais fornecedores de pornografía do país, Hokuto e Soft on Demand, detectaron un importante aumento do mercado móbil. Ademais, a clientela queixouse de paradas ou lentitude nas conexións, sobre todo arredor da medianoite, cando se dispara o tráfico por parte dos "grandes usuarios".

As redes 3G chegaron ao Xapón no ano 2001. Actualmente, case 100 millóns de persoas conéctanse á internet a través do teléfono móbil e descargan filmes, músicas e outros contidos "pesados". A tendencia é que as operadoras teñan cada vez máis problemas a medida que medre o volume das conexións de datos. Segundo as previsións recollidas por Bloomberg, a pornografía móbil dobrarase até os 3,5 millóns de euros nos vindeiros cinco anos, mentres que as vendas de música aumentarán arredor dun terzo.


3/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: