A emisión do programa deportivo interrompeuse durante catro minutos con imaxes pornográficas.
Os telespectadores de Nova Zelandia que estaban a ver un programa sobre rugby o domingo pola tarde foron sorprendidos por escenas de porno duro que duraron catro minutos. O filme pornográfico interrompeu momentaneamente a emisión dun partido de rugby na canle privada Prime Television, que emite en aberto para todo o país.
A emisora comezou a recibir protestas dalgúns telespectadores que estaban naquel momento a ver a televisión cos cativos. Segundo un voceiro da canle, o súpeto cambio de programa debeuse a un cruce na distribución. As imaxes porno tiñan como destino, en realidade, unha canle de pago por visión.