O blog Arrepentirme podería ser algún tipo de arte abre o proceso de elección do mellor título, de entre os 98 presentados.
Este luns quedou aberto o prazo de votacións do segundo concurso de nomes de pelis porno "Arrechéjateme", convocado polo blog Arrepentirme podería ser algún tipo de arte. Nesta edición superouse amplamente o número de candidaturas con respecto ao ano pasado, e son xa 98 os, en moitos casos, delirantes títulos presentados.
Xa se pode votar a través dos comentarios do blog a través do día 16. Polo de agora, títulos como Conasanta: a lenda, Alguén me violou sobre o niño do cuco ou Mo fixo co crucifixo encabezan a clasificación.
O concurso naceu para darlle pulo ao florecemento dunha industria pornográfica na lingua do país e para amosar que a creatividade non falta. Segundo as bases, a persoa gañadora "levará un premio sorpresa que fará las delisias de los mayores de la casa".