O caso do director xeral dunha empresa galega confirma a xurisprudencia sobre o acceso a pornografía na oficina
As empresas deben establecer unhas regras de uso dos seus computadores e advertir aos traballadores de que vai existir un control sobre a súa utilización. Así o establece o Tribunal Supremo (TS) nunha sentenza na que confirma a nulidade do despedimento dun directivo galego por acceder a páxinas pornográficas de Internet.
Rexistro do ordenador sen permiso
O TS desestima así o recurso presentado por unha empresa contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declarou improcedente o despedimento dun director xeral ao considerar que non era válida a proba da empresa porque fora obtida mediante un rexistro dun efecto persoal -o computador- sen cumprir as esixencias do Estatuto dos Traballadores.
Uso “moderado” admitido
O Supremo considera que o empresario ten que controlar o uso dos computadores que se facilitan aos traballadores e «comprobar se o seu uso axústase ás finalidades que o xustifican, xa que noutro caso estaría retribuíndo como tempo de traballo o dedicado a actividades extralaborais». O directivo foi despedido despois de que un técnico detectase a existencia no cartafol de arquivos temporais antigos accesos a páxinas pornográficas.
O tribunal recoñece a existencia dun hábito social xeneralizado de «tolerancia» con certos usos persoais «moderados» dos medios informáticos e de comunicación facilitados pola empresa aos traballadores. Esa tolerancia crea unha expectativa tamén xeral de confidencialidade neses usos, que «non pode ser descoñecida aínda que tampouco converterse nun impedimento permanente do control empresarial».
Con esta sentencia o Tribunal Supremo confirma o seu criterio sobre o acceso á pornografía no traballo. Este mesmo verán a Sala do Social do TS dixo que declarou improcedente o despido dun traballador vasco por chatear, mirar o seu email persoal e ver videos porno en horario laboral.