Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Malia estar prohibido en seis países do continente

Europa considera que o millo transxénico de Monsanto non supón un risco para a saúde

A Autoridade Europea de Seguridade Alimentar considera que o MON810 non é perigoso para as persoas, os animais e o medio.

Redacción - 12:00 01/07/2009
Manifestación contra os cultivos do millo transxénico MO810, fabricado por Monsanto

Manifestación contra os cultivos do millo transxénico MO810, fabricado por Monsanto

A Autoridade Europea de Seguridade alimentar (EFSA) considerou esta terza feira que a plantación do millo xeneticamente modificado MON810, prohibido em seis países do continente, non supón un risco para a saúde humana e para o medio.

"Os especialistas en OMX (Organismos Modificados Xeneticamente) da EFSA concluíron que o millo 810 non supón un risco para a saúde humana e animal e non constitúe unha ameaza para o medio, se se toman as medidas apropiadas para evitar unha contaminación dos lepidópteros -orde de insectos onde se inclúenas bolboretas-", precisa o aviso público pendurado pola axencia na rede.

Unha variedade de millo transxénico prohibida en seis países da UE
Alemaña, Francia, Grecia, Austria, Hungría e Luxemburgo suspenderon os cultivos desta variedade de millo, concibida para resistir a un insecto, coñecida como a broca do millo -unha avelaíña tamén chamada piral do millo ou, no seu nome latino, Ostrinia nubilali. Estes países aínda non teñen claro que o millo que fabrica a multinacional estadounidense Monsanto non teña consecuencias na saúde humana, animal ou no ambiente.

O aviso da EFSA debería permitir que a Comisión Europea lle propuxese aos Estados membros a renovación da autorización, asinada en 1998, para a importación e plantación do millo MON810.


Ligazóns

3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: