Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Cara o 7X

Comeza conta atrás para as eleccións europeas do domingo

Son 2,6 millóns os galegos e galegas que están chamados ás urnas para escoller os representantes do noso país na Eurocámara. Esta sexta feira, PSdeG, BNG e PPdeG pecharon as súas respectivas campañas electorais en Vigo.

Redacción - 11:15 06/06/2009

Comeza a conta atrás cara as eleccións europeas do domingo 7 de xuño. En Galiza están chamadas a votar 2,6 millóns de persoas. Hai habilitadas unhas 4.150 mesas, repartidas en máis de 2.500 colexios electorais por todo o país, que abrirán ás súas portas ás 09h00 e pecharán ás 20h00. No Estado Español escóllense 50 escanos dos 736 que conforman o Parlamento Europeo.

Tras a xornada de reflexión deste sábado, o domingo votarase no Estado Español. Porén, no Reino Unido e nos Países Baixos os cidadáns xa acudiron ás urnas, e os italianos, checos, eslovacos, letóns, malteses e chipriotas votan este sábado.

Peche de campaña en Vigo
O BNG, PSdeG e PPdeG escolleron a cidade de Vigo para pechar a súa campaña para as eleccións europeas. Todas as formacións fixeron chamamentos para votar, ante o temor a que a abstención sexa considerábel.




Para ampliar información:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: