Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Europeas 2009: apertura de campaña

Guillerme Vázquez: "Co BNG, Galiza e os seus problemas estarán presentes en Europa"

O voceiro nacional da formación acompañou a Ana Miranda, na pegada de cartaces. Ámbolos dous dixeron que a súa "batalla" é "a defensa dos intereses" do noso país en Bruxelas.

Redacción - 10:00 22/05/2009
Vázquez a carón de Miranda, na presentación da candidatura / Flickr: BNG

Vázquez a carón de Miranda, na presentación da candidatura / Flickr: BNG

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acompañou á candidata da formación Ana Miranda, na tradicional pegada de cartaces que abre a campaña para as eleccións á Eurocámara do vindeiro 7 de xuño, sinalando que cos nacionalistas "os intereses e os problemas de Galiza estarán presentes en Bruxelas".

Vázquez fixo estas declaracións na media noite desta quinta feira, no Palexco da Coruña, onde o BNG abría campaña, presentando á súa candidata, Ana Miranda, que vai de segunda na listaxe da coalición Europa dos Pobos-Os Verdes. Miranda sinalou, na súa quenda, e após oír as declaracións de Vázquez, que a describiron como a "verdadeira defensora dos intereses da nación galega", que o BNG "non vai estar só en Bruxelas", senón que o acompañará "os intereses de todo o pobo galego no Parlamento". A cabeza de lista do BNG criticou, tamén que durante estes últimos cinco anos "Galiza estivo completamente ausente na cámara europea , asistimos á procesión dos caladiños dos representantes de PP e de PSOE".

"Imos a Europa, vés?"
Neste sentido, Ana Miranda comprometeuse a ser a partir do 7 de xuño "a representación diplomática da nación galega en Bruxelas, de todos aqueles que pensan en Galiza como nación e que desexan unha Europa máis democrática e máis social". Nesta liña, lembrou que a súa formación "xoga moito nestas eleccións", porque en Bruxelas "adóptanse decisións que nos afectan de xeito crucial", coma as relacionadas coa agricultura, o leite, a pesca ou o sector naval.

Na súa intervención, a candidata do BNG tamén explicou que o lema da campaña da formación -Imos a Europa, vés?-, resume o espírito da campaña, "moi participativa e moi en diálogo coa sociedade galega", argumentou. Miranda terminou a acto de inicio de campaña cunha videoconferencia coa emigración galega en Uruguai.


Ligazóns

4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: