Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Trama empresarial

O PSdeG exíxelle a Feijoo que "dea a cara" e explique a relación do seu partido co Caso Gürtel

Mar Barcón, demandoulle ao vindeiro presidente da Xunta que aclare se está "disposto a que se asuman responsabilidades políticas" no seu grupo.

Redacción / EP - 09:00 03/04/2009
A responsábel de Organización da Comisión Xestora do PSdeG, Mar Barcón, deu esta quinta feira unha conferencia de prensa

A responsábel de Organización da Comisión Xestora do PSdeG, Mar Barcón, deu esta quinta feira unha conferencia de prensa

A responsábel de Organización da Comisión Xestora do PSdeG, Mar Barcón, exixiulle esta quinta feira ao presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, que "dea a cara" e explique, "con claridade", a relación do seu partido co 'Caso Gürtel', a trama de corrupción na que están imputados varios aforados populares.

En conferencia de prensa, a socialista amosou a súa "profunda preocupación" co contido do sumario xudicial deste caso e, especialmente, con todo o que "afecta de cheo ao PPdeG e ás súas campañas electorais". "Que explique a que se refire ese pagamento de comisións de campañas autonómicas e que outras relacións hai entre o PPdeG e os seus referentes institucionais e orgánicos e a armazón empresarial", incidiu Barcón.

Nesta liña, Mar Barcón insistiu na necesidade de que tanto Feijoo como o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, "expliquen cales son ou cales foron as relacións económicas e empresariais con personaxes como (o empresario Francisco) Correa e (o ex secretario de Organización do PPdeG) Pablo Crespo, así como na realización de eventos e de accións políticas da Xunta gobernada por Manuel Fraga.

Na mesma liña, Barcón sinalou que Feijoo "debe dar a cara por unha vez" e "deixar de dicir que unha investigación non é o mesmo que unha sentenza" e avanzou que o PSdeG "esixirá dimisións" unha vez que se coñezan as persoas implicadas. De feito, considerou que a dirección do PPdeG "debe facer unha profunda investigación no partido e nas institucións gobernadas por el" co fin de explicar "até onde e até cando chegaron as relacións e a quen afecta".


4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: