Special Events financiou campañas en Galiza entre 1996 e 1999. Garzón apunta o tesoureiro estatal, Luis Bárcenas, e Génova aínda o defende.
Palmou, Rajoy e Fraga, en 2005
O líder do PP, Mariano Rajoy, evitou pronunciarse sobre as últimas implicacións de dirixentes do partido no 'caso Gürtel', que implican o tesoureiro e senador, Luis Bárcenas, e o eurodeputado Gerardo Galeote, segundo o último auto do xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón.
Si o fixeron dende a rúa Génova os dirixentes Dolores de Cospedal e Javier Arenas que, polo momento, seguen a confiar na súa inocencia, dixeron, malia que as evidencias feitas públicas pola Xustiza indican o contrario. Neste senso, un sector do PP pediu internamente a dimisión do que segue a ser tesoureiro do partido a día de hoxe, segundo informan a prensa española.
Precisamente, o xornal madrileño El País asegura que Special Events, a empresa do xefe da trama empresarial no suposto financiamento ilegal do PP, Francisco Correa, organizou entre 1996 e 1999 campañas, convencións e todo tipo de actos do partido en Galiza.
Segundo o diario madrileño, Xesús Palmou puxo fin a esta relación á súa chegada á Secretaría Xeral do PPdeG. El País asegura ademais que Bárcenas mediou para que en Galiza se volvesen contratar os servizos de Special Events.
Defende ademais o Palmou e o Rajoy que, segundo sostén, foron obxecto dunha extorsión cun vídeo en que ambos os dous falaban con sorna da capacidade mental de Manuel Fraga.