Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONFLITO CON RUSIA

Eurovisión rexeita a canción de Xeorxia, contra Putin

'We Don't Wanna Put In' contén referencias políticas, algo prohibido polo certame musical que convoca a UER. Vídeo no interior.

Redacción - 12:30 11/03/2009
O grupo xeorxiano Stephane & 3G

O grupo xeorxiano Stephane & 3G

A Unión Europea de Radiodifusión (UER) emprazou a televisión pública de Xeorxia a cambiar a canción que tiña previsto enviar ao festival de Eurovisión. Segundo a organización, o título e a letra da entrada contraveñen as regras do concurso.

A canción de Stephane & 3G titúlase We Don't Wanna Put In, e contén referencias pouco disimuladas contra o primeiro ministro ruso, Vladimir Putin. Por se fose pouco, o festival deste ano vai ter lugar en Moscova, entre o 12 e o 16 de maio. O pobo de Xeorxia aínda mantén unhas relacións tensas con Putin despois do conflito que xurdiu entre os dous estados en agosto de 2008.

As normas do certame prohiben que os textos das cancións conteñan manifestacións de tipo político. Nun comunicado, a UER dixo que Xeorxia terá que cambiar o texto e o título da canción, ou ben enviar outra candidatura antes do 16 de marzo ou non poderá participar este ano. O radiodifusor xeorxiano, GPB, aínda non respondeu.

Non é o único detalle polémico desta edición en relación coa antiga Unión Soviética. Este ano, Rusia escolleu como representante unha cantante ucraína que xa fora candidata polo seu país natal, Anastasia Prikhodko.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: