Por dous puntiños e na última ronda. Así perdeu Galicia en Eurovisión na primeira vez que participaba. Verónica Codesal, galega nacida en Bélxica, cantaba unha peculiar canción folqui co grupo belga Urban Trad. Os prognósticos éranlle ben contrarios: non estaba en ningunha das apostas. Pero pouco a pouco os televotos europeos fóronlle dando 165 puntos, superando as favoritas Rusia, Islandia ou España. Só Turquía, upada polas votacións dos emigrantes, puido facerlle sombra á galega, con 167 votos.