O portal de Microsoft para España, MSN.es, vai retransmitir o vindeiro sábado 13 de maio a 45 edición do Festival de Eurovisión dende o Globe Arena de Estocolmo a través desta páxina. Ademais, poderase asistir aos ensaios e parolar en directo cos protagonistas. Utilizarán a tecnoloxía Windows Media para cubrir de xeito exclusivo o festival, nunha realización conxunta coa televisión sueca. Tamén hai unha votación -extraoficial, por suposto- que se celebrará en liña logo do espectáculo.
.