Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Os EUA seguen a manexar a rede

A Casa Branca critica a política de dominios da ICANN

Din que fai falta asegurar a estabilidade da rede antes de aceptar os novos dominios, entre eles o .gal.

Redacción - 12:45 06/01/2009
Pasquín que presentou a asociación PuntoGal a unha xuntanza da ICANN

Pasquín que presentou a asociación PuntoGal a unha xuntanza da ICANN

O Departamento de Comercio dos EUA criticou a nova política de dominios da ICANN, nunha carta enviada a este organismo, asinada por Meredith Baker, responsábel de Telecomunicacións. No texto, este Departamento do goberno estadounidense expón que non ten demasiado claros os beneficios económicos incluídos na nova proposta da ICANN para acoller dominios; tamén sinala que fai falta asegurar a estabilidade da rede antes de aceptar "tantos dominios novos".

Aínda que os EUA non poden ditar a política da ICANN, a súa opinión é ben importante, xa que esta entidade só pode xestionar os dominios da rede a través dun contrato co goberno estadounidense. Ademais disto, a Casa Branca, xunto con IANA e Verisign, controla o funcionamento do denominado 'authoritative root zone file' da Internet, o arquivo que permite o funcionamento básico da rede.

A oposición dos EUA aos plans da ICANN pode frear o proceso de ofrecer novos dominios, aberto o pasado mes de xuño. Con todo, aínda falta agardar pola entrada de Obama no novo goberno estadounidense, e ver se esta posición se mantén. No caso de que siga firme nesta política de control dos dominios, poderíase paralizar seriamente a aparición de moitas novas sites na rede, entre eles o .gal que aínda está a trámite.

Polo seu lado, a ICANN aínda non fixo pública ningunha resposta á carta do Departamento de Comercio dos EUA.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: