A corporación para a asignación de nomes de dominio na rede considera que xa cumpriu os requisitos para se converter nun organismo independente.
A ICANN, organismo que controla a concesión de nomes de dominio na internet, quere deixar de depender do Goberno dos Estados Unidos. O presidente da Icann, Paul Twomey, considera que a entidade xa cumpriu cos obxectivos que se lle exixían para se independizar do poder político.
Isto non significa, segundo Twomey, que a Icann deixe de cumprir coas súas obrigas. No futuro, os gobernos seguirán mantendo a organización informada sobre o desenvolvemento de políticas públicas, pero xa non terán o poder de ditar a súa axenda. A axencia manterá no mes de marzo unha reunión do Departamento de Comercio dos EUA.