Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR VEZ PRIMEIRA EN 15 ANOS

A economía estatal xa entrou en recesión

O crecemento do cuarto trimestre de 2008 é tamén negativo e o Produto Interior Bruto cae un 1,5%.

Redacción - 13:00 23/12/2008

Xa hai confirmación oficial: o Ministerio de Economía recoñeceu que a contracción económica se intensificou no cuarto trimestre, polo que xa podemos falar estritamente de recesión. Había 15 anos que non se vivía unha situación económica similar no Estado Español (dende o segundo trimestre de 1993). O indicador de actividade, que reflicte a evolución do Produto Interior Bruto (PIB) caeu un 1,5%, o que supón a entrada oficial en recesión ao sumar dous trimestres de crecemento negativo.

Previsións para o futuro
Para o 2009, os analistas agardan unha contracción do PIB superior ao un por cento, ao rozar a taxa de paro o 13%, o nivel máis alto da Unión Europea. Tamén hai quen xa vaticina que a mediados de 2009 se acade outra nova fase, a da depresión (equivale a un período prolongado de ciclo económico negativo, cun elevado desemprego, baixo nivel de produción e inversión, perda de confianza das empresas, descenso de prezos e crebas empresariais).

O ministro de Economía, Pedro Solbes, xa anunciou que revisará o cadro macroeconómico do executivo a mediados do mes de xaneiro.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: