Contra o que opina o goberno español, a CE considera que a inflación vai situarse nunha media dun 4,5% en 2008.
A economía española vai entrar en recesión durante o segundo semestre de 2008, ao experimentar dous trimestres consecutivos de crecemento negativo, augurou a Comisión Europea, que tamén prognostica un crecemento no Estado dun 1,4% a final de ano.
Á mesma hora que o presidente español anunciaba no Congreso que agardaba unha inflación inferior ao 4% a final de ano, a Comisión Europea situaba a mesma nun 4,5.