Segundo publicou este venres o Eurostat, o seu PIB baixou un 0,2% no terceiro trimestre, o segundo consecutivo.
Gráfico de evolución
Segundo os datos publicados este venres por Eurostat, a oficina comunitaria europea, o PIB da zona euro baixou un 0,2% no terceiro trimestre, o que supón o segundo consecutivo de crecemento negativo. Está é a primeira vez que entra en recesión dende a súa creación en 1999.
O Estado Francés, Italia, Alemaña, Bélxica, a Republica de Irlanda, Chipre, o Estado Español, Holanda, Luxemburgo, Portugal, Eslovenia, Malta, Grecia, Austria e Finlandia conforman a Eurozona.