Logo de contraerse entre xullo e setembro un 0,1%, súmase á zona euro como país en crecemento negativo.
A caída do consumo e das exportacións están entre as causas máis directas da entrada de Xapón en recesión. A economía xaponesa contraeuse un 0,4% en termos reais, unha cifra que non se acadaba dende 2001 e que contrasta coas estimacións do mercado, que barallaban un crecemento do 0,1%. O consumo avanzou un 0,3% con respecto ao trimestre anterior e o gasto de capital das empresas reduciuse un 1,7%. Porén, a inversión inmobiliaria medrou un 4% e a inversión pública incrementouse nun 0,4%. As exportacións eleváronse un 0,7% e as importacións un 1,9%.
Con estes datos, a economía xaponesa súmase á situación da eurozona e confirma que a crise financeira global xa se trasladou ás economías reais. Dende a pasada semana, Alemaña, Italia e España recoñeceron a mesma situación. Outras potencias económicas da UE, como a holandesa ou a británica, atópanse tamén no gume da recesión.
Así ven a noticia os diferentes xornais europeos:
- Le Monde
- Financial Times
- BBC