Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DE CARA AO VINDEIRO CURSO

Educación revisará as subvencións dos colexios que se neguen a ter aulas mixtas

A consellaría afirma que os concertos están en vigor até 2009, pero os sindicatos consideran que a Xunta podería telos revisados ao longo desta lexislatura.

R.V. - 20:30 24/09/2008

A Consellaría de Educación sinalou este mércores que valorarán seriamente a posibilidade de retirarlle as subvencións a colexios que separen a nenos e nenas a partir do vindeiro ano, tal e como xa anunciara en xuño. A consellaría afirma que até o de agora non se tomaron medidas contra estes centros porque a orde dos concertos educativos é de 2005 e está en vigor durante catro anos. Segundo esta argumentación, a Xunta podería exixir a coeducación en todos os colexios concertados a partir do curso 2009/2010.

Porén, dende o ámbito sindical consideran que a consellaría “sae pola tanxente”. Xosé Lois Ribera, da CIG-Ensino, considera que aínda que é verdade que o concerto é por catro anos tamén o é que antes de cada curso se fan revisións do mesmo (a última publicouse o pasado 27 de agosto no DOG). Para Ribera non hai dúbida de que, se hai unha vontade política real, a consellaría pode exixirlle aos colexios que comecen a ter aulas mixtas no primeiro nivel para que se implante progresivamente a coeducacións nos catro centros do Opus Dei que aínda manteñen este sistema nas cidades de Vigo e A Coruña.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: