Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NA REDE

Google presenta a súa enciclopedia, Knol

O produto da multinacional estadounidense, a diferenza da Wikipedia, destacará a autoría dos artigos.

Redacción - 10:45 24/07/2008

Google anunciou o lanzamento da súa enciclopedia, Knol. O proxecto levaba uns meses en funcionamento e agora está xa aberto ao público xeral. A súa principal característica, e diferenza fronte á Wikipedia, é que os artigos (ou 'knols') están asinados polos seus autores, que dan a cara pola información que achegan.

Ademais, os autores poden mesmo cobrar pola súa contribución, se deciden incorporar publicidade de Google AdSense nos seus artigos. O xigante estadounidense anima os internautas a participar na iniciativa, e confía en que chegue a haber varios 'knols' sobre o mesmo tema.

Os usuarios poden facer suxestións sobre cambios no contido, que o autor pode aceptar, rexeitar ou modificar antes de que os cambios sexan visíbeis para o público. Deste xeito, os autores, que poñen o seu nome nos artigos, seguen a ter o control sobre os seus contidos, unha filosofía radicalmente distinta da da Wikipedia, baseada na creación colaborativa e anónima.

Para comezar, Google xa anunciou que chegou a un acordo coa revista The New Yorker que permitirá que calquera autor poida engadir aos seus artigos unha banda deseñada do enorme arquivo da publicación.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: