Un dos fundadores do proxecto Wikipedia, Larry Sanger, está a traballar nunha nova idea, Citizendium, que será unha nova compilación enciclopédica e cibernética con algúns aspectos, negativos a xuízo do autor, remediados. Sanger asegura que abandonou o proxecto da Wikipedia por estar desacordo coa súa metodoloxía e co seu funcionamento, debido a factores como a falta de un modelo académico, de dimensións estándar, de especialización dos autores, etc. Coa nova iniciativa pretende remendar estes erros e, empregando igualmente un sistema aberto e participativo, controlar en maior medida a calidade dos contidos. Polo momento está en fase experimental, e non conta cunha data marcada de presentación.