Os promotores do proxecto queren que sexa útil para estudantes e académicos, pero tamén para políticos, xornalistas e ONG's.
A primeira enciclopedia na rede sobre os xenocidios do século XX, Massviolence.org, é un proxecto do Centro de Estudos e Buscas Internacionais de París, o Instituto de Busca Social de Hamburgo e o Memorial Caen, tres institucións académicas que, con estritos criterios científicos, ofrecen análises esmeradas e cronoloxías dos xenocidios do século XX.
Os promotores queren que o seu proxecto sexa útil non só para estudantes e académicos, senón tamén para políticos, xornalistas e ONG's.
Sen colaboracións dos internautas, pero "con rigor"
Como toda enciclopedia en liña, a MassViolence aínda se está a redactar, pero xa se poden ler os documentos que explican, sintetizan ou contextualizan episodios de matanzas ou xenocidios en países como Etiopía, Ruanda, Haití, Armenia, Camboxa...Tamén hai casos aínda en proceso de revisión, que se poden consultar na web.
A pesares de estar na rede e ser isto unha enciclopedias estilo Wiki, diferénciase da coñecida Wikipedia en que non acepta a colaboración de calquera internauta, senón só de especialistas, que escriben os artigos que despois son revisados a fondo. Isto é debido a que, segundo di o seu director Jaques Sémelin, o que perseguen é, sobre todo, "o rigor e a fiabilidade das informacións".
A enciclopedia contén uns índices cronolóxicos cos feitos máis destacados de cada conflito, un glosario terminolóxico e un apartado de estudos xerais sobre os xenocidios dende distintas perspectivas académicas. Polo de agora só está en inglés, pero contémplase a súa tradución a outras linguas.