Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA REDE

Google faille espazo á wikipedia

Seica o espectacular éxito da enciclopedia que diariamente é fornecida de contidos por internautas de todo o mundo e consultada de balde por milleiros de persoas, excedeu as capacidades da fundación que se encarga da súa xestión. Para arranxar a situación, Google teríalle ofrecido espazo libre e gratis nas súas máquinas.

- 13:27 16/02/2005
Tags:

Largo de banda e servidores para acoller o proxecto e axilizar o crecente tráfico internáutico na Wikipedia, de balde e sen ningún tipo de contraprestazón, tal sería a oferta de Google á Fundación Wiki Media. Na rede, por suposto, especúlase xa coa posibilidade de que isto teña que ver con algún novo proxecto do xigante informático vencellado coa organización da busca de contidos na rede. O propio Google xa estructurou as súas buscas dende o comezo sobre a base doutro exitoso proxecto colaborativo de intenautas de todo o mundo: o Open Directory Project, apoiado no seu momento por Netscape e xestionado pola fundación DmoZ. Durante o próximo mes de marzo haberá xuntanza oficial dos responsábeis de Google e de Wiki Media e coñeceranse máis detalles sobre a negociación.

Lembrámoslles que a Wikipedia é unha enciclopedia de acceso libre á totalidade dos seus contidos, que ao tempo poden ser editados, para corrixir, aumentar e enriquecer a calidade dos datos de cada entrada, por calquera internauta voluntario. En datas recentes pasou do millón de artigos, redactados en máis dun cento de linguas diferentes, galego incluído.


Ligazóns

0/5 (0 votos)