Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Tenis en cadeira de rodas

Illobre conquista o título estatal

O deportista de Ares gañoulle na final ao seu eterno rival e compañeiro no combinado estatal que ha competir nos Xogos Parolímpicos, o catalán Kiku Tur.

Redacción - 13:04 07/07/2008
Álvaro Illobre

Álvaro Illobre

O arense Álvaro Illobre gañou esta fin de semana o XVIII Campionato Estatal de Tenis en Cadeira de Rodas, ao impoñerse, na final, ao seu eterno rival e compañeiro, o número un do Estado, o catalán Kiku Tur.

Ámbolos dous era os favoritos ao título, e xogaron a final sabendo que xa están clasificados para as Parolimpíadas de Beixín. Hai quince días, nun seu primeiro enfrontamento no Open Internacional Ergosaúde, en Marineda, gañaba Tur, mais esta fin de semana Illobre comezou o partido indo por diante, e o catalán non conseguiu recuperar.

Por outro lado, na final feminina gañou a número un do Estado, Lolo Ochoa, nun partido contra Beatriz Espuig.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: