Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Cinco galegos nos Xogos Paralímpicos de Sydney

Hoxe inaugúranse os Xogos Paralímpicos de Sydney, que van ter lugar ata o día 29 de outubro. Serán 11 días de competición para 4.000 atletas de elite procedentes de 125 países, entre os cales se encontran cinco galegos. Son estes:

  • Juan Saavedra Reinaldo (TIRO OLÍMPICO): campión e récord de España de Carabina Trípode na súa clase.
  • Sebastián Rodríguez Veloso (NATACIÓN): campión de España en 50, 100 e 200 libres en clase S5.
  • Pablo Cimadevila Alvarez (NATACIÓN): campión de España en 100 espalda, 200 estilos e 400 libres e subcampión de 100 braza.
  • Pablo Saavedra Reinaldo (NATACIÓN): subcampión de España en 100 bolboreta e bronce en 50 e 100 libres.
  • Alvaro Illobre Saavedra (TENIS): campión de España de tenis e vencedor en diferentes torneos estatais e internacionais, figurando no ránquin dos mellores xogadores do mundo.
  • Manuel Casas Vázquez, seleccionador nacional de tenis de mesa.

Sobre o deporte para discapacitados, poden atopar máis información na web da Federación Galega de Deportes para Minusválidos Físicos.

- 08:57 18/10/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: