E ademais os galegos da selección de maiores de 35 anos tamén gañaron a Liga Atlántica 2007, disputada a fin de semana en Espinho (Portugal).
O pasado mes de outubro, 8 equipos, incluído o galego disputaron en Logroño o Campionato Estatal por Comunidades Autónomas de Tenis en Cadeira de Rodas, no que os galegos quedaron de terceiros.
O equipo estaba formado por Martín Varela (segundo posto a nivel estatal, con 1.388 puntos), Álvaro Illobre (cuarto posto a nivel estatal, con 1.178 puntos) e Juan Gutiérrez (trixésimo primeiro a nivel estatal, con 53 puntos).
Os tenistas veteranos tamén gañaron en Portugal
A selección galega de tenis na categoría de maiores de 35 anos proclamouse esta fin de semana campioa da Liga Atlántica, gañándolle ao Aveiro por 2-1, despois de lle gañar ao Porto.
O equipo de maiores de 45 quedou eliminado en semifinais fronte ao Porto.