Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto feminino

Tamara Abalde tamén vai estar en Beixín

A galega forma parte da selección estatal, que se clasificou a sexta feira de mañá para competir por unha medalla nas Olimpíadas deste verán.

Redacción - 16:56 13/06/2008
Tamara Abalde coa selección estatal

Tamara Abalde coa selección estatal

O combinado estatal de baloncesto feminino derrotou, a sexta feira de mañá, a Cuba no preolímpico que se está a desenvolver en Madrid (82-68). Con esta vitoria as mozas de Evaristo Pérez, entre as que se atopa a ferrolá Tamara Abalde, conseguen o pasaporte directo para Beixín 2008.

A galega, que xogou mais non anotou, berraba, ao final do partido "Misión comprida!" e resaltaba que tiñan xogado "moito máis concentradas que o outro día contra Brasil, ante un moi bo equipo como o cubano".

Con Abalde xa son unha ducia exacta os galegos que van participar este verán nas Olimpíadas. Tamén teñen o seu pasaporte olímpico no peto os triatletas Gómez Noya e Raña; os atletas Sandra Aguilar e Santi Pérez; os regatistas Paz e Echávarri; os piragüistas David Cal, Carlos Pérez Rial, Teresa Portela e Sonia Molanes; e o preparador físico da selección estatal de baloncesto masculina, Pepe Casal.


4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: